MÉXICO 2019

TIPO DE ACTIVIDADE:

Asistencia en cirurxía xeral, anestesia, xinecoloxía, oftalmoloxía, e cardioloxía.

EMPRAZAMENTO:

Cidade de Altamirano. Estado Libre y Soberano de Chiapas. Estados Unidos Mexicanos.

DATAS DE REALIZACIÓN:

Do 15 de novembro ao 1 de decembro.

ACTIVIDADES REALIZADAS:

Consultas: 808 (Cirurxía xeral 68, Xinecoloxía 100, Oftalmoloxía 482, anestesia 75 e cardioloxía 83).

Intervencións realizadas: 93 (cirurxía xeral 37, xinecoloxía 38 e oftalmoloxía 18).

Oftalmoloxía fixo doazóns de 394 gafas.

Cardioloxía impartiu un curso, en oito sesións, sobre ecocardiografía, asistindo a cada sesión unha media de 11 persoas (médicos/as xerais) do propio hospital.

Ademais, no transcurso do proxecto asinouse un convenio de colaboración entre Solidariedade Galega e a Fundación de Obras Sociales de San Vicente I.A.P. (FOSSVI), polo cal se aboou ao Hospital San Carlos Altamirano, pola utilización dos quirófanos, aloxamento, manutención e unha parte do transporte.

CONTRAPARTE LOCAL:

Hospital San Carlos Altamirano. Chiapas. México.

Hermanas de la Caridad de San Vicente de Paúl. Chiapas. México.

RECURSOS HUMÁNS:

2 anestesistas

2 cirurxiáns/ás xerais

2 xinecólogos/as

3 oftalmólogos/as

1 cardiólogo/a

1 coordinador/a

FINANCIAMENTO:

Concello de Oleiros

ORZAMENTO:

14.477,93 €

MÉXICO 2018

TIPO DE ACTIVIDADE:

Prestar asistencia en cirurxía, uroloxía, anestesia, xinecoloxía, oftalmoloxía, odontoloxía, e cardioloxía.

EMPRAZAMENTO:

Cidade de Altamirano e municipio de Ocosingo. Estado Libre y Soberano de Chiapas. Estados Unidos Mexicanos. Mexicanos.

DATAS DE REALIZACIÓN:

Do 17 de novembro ao 2 de decembro.

ACTIVIDADES REALIZADAS:

Consultas: 829 (cirurxía 35, uroloxía 50, xinecoloxía 64, oftalmoloxía 439, odontoloxía 104, anestesia 64 e cardioloxía 73).

Intervencións realizadas: 81 (cirurxía xeral 34, uroloxía 6, xinecoloxía 30 e oftalmoloxía 11).

Odontoloxía realizou 73 extraccións, 55 obturacións, 18 reconstrucións e 7 limpezas.

Oftalmoloxía fixo doazóns de 223 lentes.

Cardioloxía impartiu un curso, en catro sesións, sobre ecocardiografía, asistindo a cada sesión unha media de 20 persoas (médicos/as xerais) do propio hospital.

Ademais, no transcurso do proxecto asinouse un convenio de colaboración entre Solidariedade Galega e a Fundación de Obras Sociales de San Vicente I.A.P. (FOSSVI), no cal se aboou ao Hospital San Carlos Altamirano, pola utilización dos quirófanos, aloxamento, manutención e unha parte do transporte.

CONTRAPARTE LOCAL:

Hospital San Carlos Altamirano. Chiapas, México.

Hermanas de la Caridad de San Vicente de Paúl. Chiapas, México.

RECURSOS HUMÁNS:

2 anestesistas

2 cirurxiáns/ás en uroloxía

2 xinecólogos/as

2 oftalmólogos/as

2 odontólogos/as

1 cardiólogo/a

1 coordinador/a

FINANCIAMENTO:

Concello de Oleiros

Fondos de Solidariedade Galega

ORZAMENTO:

16.849,87 €

MÉXICO 2017

TIPO DE ACTIVIDADE:

Asistencia en cirurxía xeral, anestesia, xinecoloxía e oftalmoloxía.

EMPRAZAMENTO:

Cidade de Altamirano. Estado Libre y Soberano de Chiapas. Estados Unidos Mexicanos.

DATAS DE REALIZACIÓN:

Do 25 de novembro ao 10 de decembro.

ACTIVIDADES REALIZADAS:

Consultas realizadas: 505 (anestesia 80, cirurxía xeral 43, xinecoloxía 122 e oftalmoloxía 260).

Intervencións cirúrxicas: 68 (cirurxía xeral 28, xinecoloxía 35 e oftalmoloxía 5).

Cirurxías menores en consulta de oftalmoloxía: 14

Gafas doadas a persoas doentes: 157.

Ademais, no transcurso do proxecto asinouse un convenio de colaboración entre Solidariedade Galega e a Fundación de Obras Sociales de San Vicente I.A.P. (FOSSVI) para formalizar o proxecto executado.

CONTRAPARTE LOCAL:

Hospital San Carlos de Altamirano. Chiapas, México.

Hermanas de la Caridad de San Vicente de Paúl. Chiapas, México.

RECURSOS HUMÁNS:

2 anestesistas

2 cirurxiáns/ás xerais

2 xinecólogos/as

31 oftalmólogo/a

1 coordinador/a

FINANCIAMENTO:

Concello de Oleiros

ORZAMENTO:

12.178,70 €

OUTROS PROXECTOS

MÉXICO 2016

TIPO DE ACTIVIDADE:

Asistencia especializada en pediatría, medicina interna, cirurxía xeral, uroloxía, xinecoloxía e anestesioloxía.

EMPRAZAMENTO:

Hospital San Carlos de Altamirano. Cidade de Altamirano. Estado Libre y Soberano de Chiapas. Estados Unidos Mexicanos.

Queres asociarte?

Hai varias cotas para colaborar que se adaptan a todos os petos. Por pequena que sexa, a túa achega suma.

Envíanos un correo a info@solidariedadegalega.org co asunto: Quérome asociar

Queres ser persoal voluntario?

Se formas parte de Solidariedade Galega, non importa se es ou non unha persoa profesional da sanidade, e queres participar nas actividades que desenvolvamos podes enviarnos un correo a info@solidariedadegalega.org co asunto: Quero ser persoal voluntario

 

Buzón de suxerencias

Queres facernos unha suxestión, unha doazón directa ou decirnos algo? Podes enviarnos un correo a info@solidariedadegalega.org

Solidariedade
Galega

Praziña de San Roque. Local núm. 1
15002 A Coruña
Galicia. España

Teléf.: 981 22 22 01

info@solidariedadegalega.org