
Dende a súa creación Solidariedade Galega realizou proxetos de cooperación, fundamentalmente en países de fala hispana, como son Perú, Honduras, Nicaragua e Guatemala, polas vantaxes da comunicación cos doentes e cos profesionais sanitarios.
Tamén enviou especialistas médicos aos campamentos de refuxiados saharuís en colaboración con outras ONGs que traballan nesa mesma zona.
Todas estas rexións teñen uns índices de desenvolvemento moi baixos cunhas condicións sanitarias moi precarias debido ás importantes carencias de medios humanos e materiais.