
Dende a súa creación Solidariedade Galega realiza nas súas misións sanitarias máis de l.OOO consultas anuais e preto de 150 intervencións cirúrxicas. Por outra banda, nos intercambios de experiencias cos centros sanitarios dos países onde intervén Solidariedade Galega e cos seus profesionais sanitarios nativos, ten como obxetivo potenciar a súa formación nas especialidades de medicina desprazadas en cada momento, como pode ser pediatría, oftalmoloxía, ortopedia e ciruxía infantil, otorrinolaringoloxía, odontoloxía, anestesioloxía e enfermaría.