¿QUEN SOMOS?
Solidariedade Galega é unha Organización Non Gobernamental para o Desenvolvemento (ONGD), de carácter laico e independente, que nace no ano 1997 da preocupación dun grupo de profesionais galegos da sanidade pola situación sanitaria dos países do Sur. Está inscrita no Rexistro Galego de Organizacións non Gobernamentais de Axuda ao Desenvolvemento co número SGPA 97/11-ONGD-55 e no Rexistro Central de Asociacións co número 2004/007616-1 (SC).
Solidariedade Galega ten como obxetivo traballar en tres campos de actuación:
- O envío de equipos médicos especializados: cirúrxicos, pediátricos, oftalmolóxicos, etc aos países do Sur.
- A formación de profesionais da sanidade en América Latina, ben directamente nos seus países, ben en Galicia a través da súa formación, en colaboración con centros hospitalarios galegos.
- A realización de campañas de sensibilización e de educación para o seu desenvolvemento en Galicia.
O fin último é mellorar as condicións da saúde, para o que prestar asistencia sanitaria especializada ás persoas que viven en condicións de marxinalidade e exclusión social nas zonas deprimidas dos países do Sur.
Esta ONGD está estructurada nas seguintes áreas:
- Presidencia: Enrique Rodriguez Alvárez. Área representativa e institucional.
- Vicepresidencia: Antón Xosé González Artiaga. Área de Coordinación.
- Secretaría: Luz María Rey Lago. Área administrativa.
- Tesoureira: Mónica María García Casás. Área económica
- Vogais: Área de proxetos.
- Vogal 1ª.: Mª Xoana Pérez González.
- Vogal 2ª.: Mª Purificación Taibo Casás Casás.
- Vogal 3ª.: Mª Guadalupe Pérez-Lafuente Leiro.
- Vogal 4ª.: Mª Lourdes Bermello López.
- Vogal 5ª.: Mª Concepción López Sánchez.
